Saturday 18 de May de 2024

Belén do Campo valora a importancia do Congreso Nacional sobre Agricultura Ecolóxica que espera reunir en Lugo a uns 300 expertos


A Asociación Española de Agricultura Ecolóxica organiza esta cita, xunto coa Universidade de Santiago

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, vén de reunirse co vicepresidente da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica para coñecer o congreso que celebrarán, xunto coa Universidade de Santiago, o próximo mes de setembro en Lugo. Do Campo valorou a importancia de iniciativas coma esta, que fomentan o intercambio de ideas e experiencias para seguir mellorando o sector.

Nesta XII edición as protagonistas serán As leguminosas como Clave na xestión dos agrosistemas e a alimentación ecolóxica, xa que este 2016 foi declarado o Ano Internacional das Legumes pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO). O congreso reunirá un centenar de comunicacións e espérase que máis de 300 persoas asistan a esta cita. A programación completarase cuncha feira ecolóxica.

Esta asociación, aínda que reúne investigadores e ao ámbito universitario, non é puramente científica. Tamén conta con agricultores para coñecer tamén a vertente máis práctica desde ámbito.

Agricultura ecolóxica en Galicia
A agricultura ecolóxica cada vez interesa máis aos gandeiros galegos. No 2015 o número de inscritos nos rexistros do CRAEGA (Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia) medrou un 13,37 % e a superficie total certificada incrementouse nun 33,30 %, chegando ás 20.306,36 hectáreas.